Pastor Rodríguez. Nado na Pobra en 1904 como José Fernández Vázquez, Sotomayor foi o seu nome revolucionario, aínda que tamén foi alcumado Noé. Socialista primeiro, logo comunista, fíxose famoso no mundo polo secuestro do barco Santa María, o que rebautizou como Santa Liberdade. O feito realizouno en unión co portugués Galvão e o galego Xosé Velo como o acto máis importante do D.R.I.L. para atacar as ditaduras de Franco e Salazar. Seguir lendo Un mito do antifranquismo
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Un defensor do galego
Pastor Rodríguez. Licenciado en Filoloxía Galega, este ribeirán nado en 1978, foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e concelleiro na súa vila natal. Profesor de ensino medio, Carlos Callón é coñecido en toda Galiza pola súa firme defensa dos dereitos dos falantes galegos e por ser autor de libros sobre dereitos lingüísticos, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011), co que gañou o premio Redelibros, e polos manuais de uso do galego: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), mais tamén como ensaísta literario con volumes como Unha historia que nos pertence. A poesía galega de Lorenzo Varela (2005) e Amigos e sodomitas. Seguir lendo Un defensor do galego
María Luisa Pérez Fariña, unha xeógrafa de Ribeira
Pastor Rodríguez. Profesora da universidade de Compostela, María Luisa Pérez Fariña presentou en 1969 a súa tese de licenciatura, de grande interese para a nosa comarca, titulada La jurisdicción de Noya a principios del XVIII. Población y economía, mentres que a súa tese de doutoramento tratou a Estructura, morfología y ritmo de la ciudad de Pontevedra y su población, orixe do seu volume La ciudad de Pontevedra. Evolución histórica y demográfica, editado pola Universidade de Santiago en 1985. Seguir lendo María Luisa Pérez Fariña, unha xeógrafa de Ribeira
Ramón Blanco. Poeta e ensaísta de Outes
Pastor Rodríguez. Profesor de galego no ensino medio, nado en 1979, Ramón Blanco foi un dos fundadores do colectivo poético Sacou, co que participou no World Poetry Day de 2001, ademais de ter gañado o I Certame Francisco Añón de Poesía e de colaborar nas revistas A Caramuxa, Casa da Gramática e Terra de Outes.
No ano 2005 publicou o seu primeiro poemario, Orfeu en soños, pero é tamén autor de traballos sobre Añón e columnas críticas no ABC e na rede. Seguir lendo Ramón Blanco. Poeta e ensaísta de Outes