Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

Francisco Landeira Sevilla, un bispo nado en Ribeira

O Escritor. Carta_pastoral_Francisco_Landeira_Sevilla[1889]Pastor Rodríguez. Nado en Ribeira o 23 de maio de 1804, Francisco Landeira e Sevilla ocupou Cátedra de Dereito Canónico na facultade de Teoloxía de universidade de Granada cando só tiña 23 anos. En 1829 pasou á cátedra de Madrid, onde permanecerá ata 1850. Máis tarde foi bispo de Teruel, lugar no que comezou a publicar os seus escritos pastorais dende 1850, entre eles a Carta pastoral del Ilmo. Sr. Don Francisco Landeira y Sevilla al clero y pueblo de su diócesis (Teruel, 1853). En 1861 pasou a ser bispo de Murcia, cargo que ocupou ata a súa morte en Lorca o 15 de setembro de 1876, aínda que en 1872 estivera nomeado para ocupar a sé da Habana. Seguir lendo Francisco Landeira Sevilla, un bispo nado en Ribeira

Francisco Carantoña, narrador e crítico de arte

O Escritor. Memorias_del_peregrino_Till. ImaxePastor Rodríguez. Moi pouco coñecido no Barbanza, Francisco Carantoña naceu en Muros o 4 de abril de 1923. Químico de carreira, dedicouse ao xornalismo, á crítica de arte e á narrativa. En 1954 publica en Madrid un estudo sobre periodismo, El Siglo Futuro, pero vai destacar, sobre todo, como narrador, xeira que comeza en 1965 con Memorias del peregrino Tell, editada en Xixón, aínda que a súa obra máis famosa será La libertad de los tejones, Madrid, 1975. Como crítico de arte especializouse en pintores asturianos e en 1964 saca do prelo en Xixón Nicanor Piñole. Vida, obra y entorno del pintor e aínda en 1971 lle dedicará unha nova monografía, Nicanor Piñole. Seguir lendo Francisco Carantoña, narrador e crítico de arte

Da Pobra a América, Frei Alonso del Espinar

pobraamericabarbantiawebPastor Rodríguez. Nada proba que Frei Alonso del Espinar fose da Pobra do Caramiñal, nin sequera que fose galego, pero sabemos que en 1499 era superior do convento franciscano de Santo Antonio do Xobre, e que en 1502 acompañou o comendador frei Nicolás de Ovando cando este pasou a América como gobernador das illas descubertas por Colón Seguir lendo Da Pobra a América, Frei Alonso del Espinar

Un franciscano da Pobra, en Xerusalén

BY29P1F1_195524Pastor Rodríguez. Hilarión Baamonde Sanmiguel, así asinaba, naceu na Pobra do Caramiñal o 21 de outubro de 1877, fillo de Emilio Vaamonde Abal e Socorro Sanmiguel Mariño, ambos os dous do mesmo termo municipal. O 31 de xullo de 1894 tomou o hábito de San Francisco en Compostela e foi, durante varios anos, misioneiro en Xerusalén Seguir lendo Un franciscano da Pobra, en Xerusalén