Arquivo da categoría: Ciencia

Cuarzos do Camiño

Os tres exemplares do medio corresponden ao tipo de cuarzo Xacinto de Compostela
Os tres exemplares do medio corresponden ao tipo de cuarzo Xacinto de Compostela

Fernando Losada Rodríguez. Na imaxe vemos varios tipos de cuarzo. Os tres exemplares vermellos do centro son da variedade Xacinto de Compostela. O certo é que non leva ese nome por atoparse nos arredores da capital galega, senón porque di a tradición que os peregrinos recollíanos mentres facían o Camiño coa intención de vendelos ao chegaren a Compostela; aínda hoxe pode atoparse algún (se cadra, agora quedan menos) Seguir lendo Cuarzos do Camiño

Invasión

As eirugas transfórmanse en bolboretas tras estar baixo terra entre un e catro anos
As eirugas transfórmanse en bolboretas tras estar baixo terra entre un e catro anos

Xulio Gutiérrez. Os rapapelos procesionan por onde lles peta. Indiferentes aos pasos de cebra, aos semáforos e ás direccións prohibidas. Indiferentes aos pisotóns dos primates con zapatos que os esmagan pisándoos con asco. Indiferentes ao balbordo dos nenos que xogan a desfacer con paus as súas rectilíneas formacións. Seguir lendo Invasión