Arquivo da categoría: Ciencia

Terremotos, latexos do planeta

Unha falla NE-SO, que se pode ver dende A Curota, controla o leito do río Barbanza
Unha falla NE-SO, que se pode ver dende A Curota, controla o leito do río Barbanza

Jose Lires. Vivimos tempos convulsos no diario das nosas vidas e agora tamén nestas latitudes, como compoñentes dun sistema interconectado -na mellor onda Lovelock-. Gaia semella apuntarse á avoltura.

Os terremotos non se desencadean dun xeito azaroso. O brazo executor apunta en primeira instancia ás placas tectónicas e á súa ancestral teima de facer bailar os continentes -fillos emancipados da última Panxea- a un ritmo lento nunha danza repetitiva de encontros e desencontros. Seguir lendo Terremotos, latexos do planeta