Eme Cartea. O Museo do Gravado de Artes acolle a proposta expositiva da recoñecida gravadora, nada en Venezuela pero viguesade adopción, profesión e corazón, Yolanda Carbajales, e que certeiramente titula Á procura da luz. Unha denominación que provén do uso da súa especial técnica, isto é, o gravado á maneira negra, á media tinta ou ao fume, inventada polo alemán Von Siegen no s. XVII Seguir lendo Yolanda Carbajales. Gravadora. Á procura da luz
Arquivo da categoría: Artes plásticas e escultura
Compostela, espazo de ilustración
Pilar Sampedro. Ás veces pasa. Coinciden dúas exposicións con puntos comúns no tempo e no espazo. MiiC segunda edición. Mostra internacional ilustración Contemporánea está no espazo de Afundación, na rúa do Vilar, presentando dezanove proxectos ilustrados que queren mostrar o que se está a facer, segundo di a comisaria, na área da ilustración de vangarda mundial. Neste caso, ponse o foco na representación subxectiva da natureza e o universo feminino e aténdese tamén ao tratamento da cor. Realmente, á ilustración hai que pórlle cabeciña, porque sendo algo non demasiado difícil de visibilizar, neste momento achega todos os avances Seguir lendo Compostela, espazo de ilustración
A orixe do mundo
Fidel Vidal. A orixe do mundo é un óleo sobre lenzo de pequeno formato, de 46 por 55 centímetros, que Gustave Courbet pintou en 1866 por encargo do diplomático turco Khalil-Bey. O cadro representa un pube feminino en primeiro plano. Seguir lendo A orixe do mundo
Escultores de Noia no neoclasicismo galego
Dolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX que “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia. Seguir lendo Escultores de Noia no neoclasicismo galego