Xosé Manuel Lobato. Observa Mondoñedo ancorado e apegado ao seu val os altos cumios que o rodean, cumes decorados da efémera e branca pureza sólida, tamén dos tapices xélidos das persistentes néboas que esconden as serras de Enfesta, Lourenzá e A Toxiza. Seguir lendo Exaltación natural
Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato
Chantre Ulla
Xosé Manuel Lobato. Melodía de mouras preto dunha fontenla que emerxe con suprema enerxía en Antas, xurdir para explorar e admirar o territorio, adaptarse e mesmo integrarse, unha vocación inherente a estas augas mozas. Dende tempos esquecidos na inmorredoira existencia das augas do Ulla perdura o vigor nos torrentes de Mácara, aloumiño tranquilo de Novefontes, o agarimar convulsivo nas insuas de Gres Seguir lendo Chantre Ulla
Balada saudosa
Xosé Manuel Lobato. Estamos ante un sentimento en propiedade e único, profundo e complicado de entender, para todos aqueles que son alleos a esta terra, territorio cunha impregnación intensa-mente morriñenta. Estas datas de Nadal son moi axeitadas para rememorar o pasado e, por suposto, tamén ollar e tentar escudriñar no futuro, mais no meu caso, sempre regreso a un soño instigador que me sitúa nunha infancia moi afastada. Seguir lendo Balada saudosa
Como dis?
Xosé Manuel Lobato. Disque son antepasados remotos que seguen entre nós para conservar o seu patrimonio; antas, castros, castelos, fontes …
Na terra a cor, calquera colorido reclama atención. As diferentes tonalidades na codia terrestre é un atractivo engadido, mesmo nalgúns casos provoca un afán desmedido de acaparar un anaco dese encanto vistoso e normalmente escaso. Seguir lendo Como dis?