Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Mergullo estival

pozo1Xosé Manuel Lobato. Disque o Pozo Bastón acubilla dende tempos esquecidos uns seres moi próximos á divindade, segundo as falas murmuradoras e as crenzas da zona, esta irmandade está formada por unha tríade de fermosura sen par. Belezas de escura pel chegadas das quenturas africanas, dende entón o seu refuxio permanente ou temporal, o único fío vital que posúen son os cachóns de auga que alimentan ao insaciable Pozo. Seguir lendo Mergullo estival

Eu son… o Pico

pico 1Xosé Manuel Lobato. Alborexar primixenio, sobre un enredo espectacular e inmemorial de astros danzantes.

Balcón sorprendente, dende onde a ousadía consegue relación entrañable co cénit místico.

Cantor de murmurios, sons afastados e illados que transportan ata o dédalo da historia.

Dama venturosa, soñadora de inocencia e imaxinación precoz ata acadar o enxoval feliz.

Espírito diabólico, raptor de testemuñas na ultratumba para enxergar un profundo frescor. Seguir lendo Eu son… o Pico

Para unha crianza

leyes-educativasXosé Manuel Lobato. Tenra idade, inocencia que perturba a realidade, un desenvolvemento nun medio humanizado e hostil. A incipiente variable temporal aínda permanece aparellada coa inconsciencia, este dúo unido intimamente magnifica ao ser humano, que comeza amosando con intensidade o seu ego acaparador, sen contemplar o maquinado ameazador. Dende sempre escoitamos con insistencia enfermiza, fundamentalmente a estas idades, que un corpo debe gozar de saúde. Seguir lendo Para unha crianza