Arquivo da categoría: Xosé Manuel Lobato

Buligar nas dunas

píllara1Xosé Manuel Lobato. Cando se habita nun ecosistema do que a dependencia é case total, sobrevivir nestas zonas tan especiais e sensibles condiciona excesivamente a calquera ser vivo. Porén, os seres que por necesidade teñen un apego total a estas paraxes, auténticas obras atípicas da natureza, gozan deses recursos escasos e tamén colaboran na súa conservación. A mobilidade areosa das dunas de Corrubedo é o asentamento ideal da píllara das dunas. Seguir lendo Buligar nas dunas

Sombrío embruxo

lañas2Xosé Manuel Lobato. O Lañas é esa corrente fluvial escasa que procura grandeza, desta forma pode ser comprendida a súa excitada busca sen desmaio do confortable e grandioso acougo no amplo regazo do Ulla. Este afluente diminuto do río que constrúe e modela Arousa, percorre entre mesta vexetación de ribeira os seus derradeiros folgos de independencia, a súa felicidade é manifesta no seu son de agudo trobador que agasalla e alegra cun místico e constante rumor.  Seguir lendo Sombrío embruxo

Brinco salvaxe

fervenza toxa 1Xosé Manuel Lobato. Camiña o Deza moi devagariño, solermeiro, con inspirada astucia vai deixando pegada nun camiño de recunchos e caprichosas reviravoltas. A súa solemne lentitude semella pausa e quietude adormecida nos remansos, pozas onde descansa baixo as sombras da vigorosa vexetación da paraxe de Carboeiro. Na contorna transpírase tranquilidade e meditación pretérita, por estes lares xacen seres sedentos dunha procura de estabilidade emocional, que nese estadio latente no que permanecen, desexan e necesitan do intenso frescor vital e tamén do murmurio agasalleiro e saudable destas augas remansadas nunha aperta intemporal coa mítica fraga pola que transitan. Seguir lendo Brinco salvaxe

Percorrendo o Santo Grial

grial 1Xosé Manuel Lobato. Nunha sociedade ambiciosa de poder e recoñecemento, as xoias lendarias son un obxectivo prioritario, a súa procura destrúe séculos e séculos, varias son as reliquias extenuadas pola inmensa cobiza dos bípedes alípedes. Neste universo brillante destaca un tesouro cun halo de divindade e fortaleza espiritual propia. Esta marabilla ten o seu propio exército custodio, cabaleiros entregados a unha única causa, preservar e conservar na escuridade o ansiado Grial.  Seguir lendo Percorrendo o Santo Grial