Arquivo da categoría: Elisa Lobeira

Lilus Kikus

Lilus cuberta galeElisa Lobeira. Con este título publica Trifolium a primeira obra de Elena Poniatowska, editada en 1954 en español (Los presentes). Na nosa lingua aparece da man de Teresa Moure, con ilustracións de Santy Gutiérrez. Doce breves relatos, de forte ton lírico, cunha protagonista común, Lilus Kikus. Un certo arrecendo pesimista sen sectarismo, unha certa rebeldía e liberdade fan simpática a esta nena, non moi lonxe da Celia de Elena Fortún, ese clásico da literatura española dos anos trinta.

Literatura para nenos? Para nenas? Lémbrese que a primeira “protagonista” real da literatura galega na nosa LIX foi a d’O segredo da pedra figueira, de María Xosé Queizán. Seguir lendo Lilus Kikus

Bo, breve e barato. Virxinia entre amigos

soyunaesnobElisa Lobeira. Nas grandes autoras todo interesa? O gusto polas cousas miúdas das escritoras quizais responda en moitos homes a unha discriminación de xénero encuberta: o desexo de tranquilizarse ao atopar as outras nos momentos menores, os que lles son “propios”. Aínda así, este pequeno libro de Virxina Woolf editado por Olañeta, é unha leria chea de humor, de intelixencia sutil, unha reflexión sobre si mesma e as outras. Foi unha conferencia no Memoir Club a fins de 1936. Hai moitas Virxinias, a de Orlando e As ondas, a xornalista clara e transparente, a conferenciante divertida, a amante complexa: moitas almas para unha intelixencia que fía moi fino na roca da vida. Seguir lendo Bo, breve e barato. Virxinia entre amigos