Francisco Ant. Vidal Blanco. Vindo estoutro día de facer un percorrido por terras de Laxe e Camariñas, o meu compañeiro de xeira lembroume que este ano é o centenario da publicación da Teoría Xeral da Relatividade, unha teoría sobre a que todos temos algo que dicir pero da que só entenden catro físicos en todo o mundo, e a verdade é que, desde a visión que podemos ter os profanos na materia non deixa de ter certo atractivo esta e todas as novas teorías que nos ofrece a física para entender como funciona o mundo, como aumenta a masa coa velocidade ou como varía o tempo cronolóxico segundo se viaxe a unha ou outra velocidade. Seguir lendo Non nos destruïades
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
O canciño da nena
Francisco Ant. Vidal Blanco. Lauriña quería un canciño e tivo un canciño. Os pais, conscientes da carga que é un animal nun piso mercáronlle un canciño peluche a pilas, que andaba para diante e para atrás e ata bouraba, pero a nena quería un canciño de verdade, e subornando ós pais con suspender o curso, e temendo eles que a caprichosa nena fose cumprir a ameaza selaron o acordo de regalarlle un canciño se aprobaba, e cumpriron a palabra ambas as dúas partes. A nena aprobou todo e os pais trouxéronlle a Nice, pronunciado «naisi». Seguir lendo O canciño da nena
Pinocho como exemplo
Francisco Ant. Vidal Blanco. Andaba estoutro día o neto dun amigo, tocándose o nariz cada dous por tres. Non era ese feo costume de remexer nas fosas nasais ata desfacer a mina de material adherido ás mesmas pituitarias. Non. El só tocaba co dedo a punta do nariz. Preguntáballe eu calquera cousa e respondía cheo de ledicia, pero tocándose o nariz. Seguir lendo Pinocho como exemplo
Alta tecnoloxía
Francisco Ant. Vidal Blanco. A tecnoloxía forma parte de nós ata tal punto que hoxe en día o analfabetismo non se mide por non saber escribir unha palabra ó dereito, senón por non saber pulsar as teclas. E así, persoas que son incapaces de facer unha redacción de dez liñas, manexan os aparellos electrónicos cunha destreza de prestidixitador. Seguir lendo Alta tecnoloxía