Francisco Ant. Vidal Blanco. Volvinme atopar estoutro día co Virulillas. A verdade é que xa había tempo que non cadraba con el e tampouco o botaba de menos. Xa sabedes que dos nosos encontros sempre me veñen á memoria tempos non tan gratos como sería de desexar, pero aínda así, este día, dado que o encontro foi no bar que rexenta un amigo común, xa eramos dous contra el, para lembrarlle, sempre sen perder o sorriso, o mal becho que era cando iamos ó grupo escolar. Seguir lendo O covarde
Arquivo da categoría: Francisco Ant. Vidal Blanco
A voltas coa blasfemia
Francisco Ant. Vidal Blanco. Aínda revoa sobre nós o atentado de París e con el os de Iraq e o contubernio das Azores, o das Torres Xemelgas, o de Madrid, o do metro de Londres, os de cada día en Palestina, Xordania e o Kurdistán así como o cambio de opinión sobre a situación en Siria ó valorar quen é máis perigoso ca quen segundo a nosa comenencia. E arrepíanos a sen consciencia dos que amparados na visión integrista dunha ficción disfrazada de verdade absoluta desprezan a vida e impoñen o silencio contra o dereito máis elemental de todos, tal é o de poder opinar e pensar de maneira diferente, iso que deron en chamar blasfemia e que só exculpan co asasinato. Seguir lendo A voltas coa blasfemia
A sorna necesaria
Francisco Ant. Vidal Blanco. A sorna é un escudo contra a impotencia, é unha arma defensiva contra o insulto, un paraugas contra a chuvia de abusos que nos asola, unha risa contra a burla, unha evasión contra a desesperación, e se non fose pola sorna o mundo sería inhabitable. Mais se ben é certo que a sorna non soluciona os problemas, alomenos fainos máis levadei-ros. Por iso é tan común entre os lectores de periódicos mirar o chiste antes cá portada. Seguir lendo A sorna necesaria
Asiatización
Francisco Ant. Vidal Blanco. Tiña présa estoutro día por ler un artigo que me mandan vía e-mail no que se fala dun grupo de fotóns que viaxa a menos velocidade ca se fose un só, é como se cando van en compaña perdesen máis tempo en chácharas ca cando van sos; mentres na emisora que teño posta nalgún cornecho da casa, alguén está pregoando as marabillas da economía que xa conseguiu rebaixar o paro galego nun seis por cento, aínda que, coa lingua pequena, tamén recoñece ese comunicador que non se creou ningún emprego novo. Seguir lendo Asiatización