Fidel Vidal. -Os ollos cos que me miras non me van facer rir porque ti o pretendas. Non está o forno para bolos nin o día para risas. Os demais poden dicir canto lles veña en gana, as ganas que eu teño de esganarte, por traidor e por falsario. Onte, con todo descaro, ofrecíasme a esperanza dunha vida en común, sen importar nin riquezas nin traballos oficiais que aseguraran un futuro. Só a ilusión dun amor compartido. Ese era o noso combustíbel. Abondaba coa mirada mais non con eses ollos que amosas nestes días, especialmente no día de hoxe, no meu aniversario. Se visto de gala é porque a miña nai así me pariu, disposta e sen complexos. Tombados na praia… Seguir lendo Conversas de escaparate. Aniversario
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Conversas de escaparate. Disfraces
Fidel Vidal. -Seica se esqueceron de nós.
-Mellor. Só che quería dicir que a túa familia non me entusiasma. Nunca me gustou.
-Nin falta que fai.
-Non sei por que, pero así é. Non me entusiasman.
-Os entusiasmos pódelos reservar para mellores ocasións. Seguir lendo Conversas de escaparate. Disfraces
Conversas de escaparate. Santuario
Fidel Vidal. -Aprendo máis mirando para quen pasa pola rúa que escoitándote.
-Se eu case non falo.
-Aínda así. Estaría mellor instruído paseando por unha fraga que ao teu carón esta longa tempada que levamos xuntos.
-A piques de entrar no verán, coas primeiras cereixas. O mes de xuño é o mellor mes para catalas. Seguir lendo Conversas de escaparate. Santuario
Diálogos de escaparate. A sesta interminábel
-Encántanme esas pestanas longas como paraugas.
-A min non me chistan nada. E ti tampouco te podes queixar do vestido. Moito máis elegante ca o meu.
-Non será tal.
-Que si, por non falar dese lazo tan xeitoso. Unha mágoa non poder lucilo paseando por fóra, co guapas, co guapa que estás. Seguir lendo Diálogos de escaparate. A sesta interminábel
