Domingo Regueira. O camiño das almas vese coma un «i» grego que bifurca, metade para a dereita (o Ceo), metade para a esquerda (o Inferno). A cuestión é que o Ceo estase volvendo un páramo, un deserto deprimente, monótono e aburrido e, como tal, dende aló, mandáronlle un guasap ao Vaticano preguntando a ver que diaños estaba pasando por alí. Seguir lendo Guasap ao Vaticano
Arquivo da categoría: Domingo Regueira
Procesión conceptual
Domingo Regueira. Nunha parroquia cuxo nome -por se acaso- non quero mencionar, os funcionantes da festa grande empeñáronse en rexenerar a procesión, que ao seu entender, estaba perdendo o que antano fora un fascinante glamour de tocados, encaixes, xoias e polbos de talco. Seguir lendo Procesión conceptual
Sardiñada
Domingo Regueira. Na praia os asadores van xuntado madeira para facer brasas e armar os mostradores de reparto. O pobo está chamado á gran sardiñada onde se encherán de peixe en salmoira abrasado á grella, en prato de plástico cun cacho de boroa para recoller a morca. Nun vasiño, a purrela branca, purrela tinta e arreluada, e unhas toalliñas perfumadas en Taiwán para quitar o cheiro dos trinches cavernarios. Seguir lendo Sardiñada