Arquivo da categoría: Ensaio

Xaxún e outras andrómenas

cocido-Francisco Ant. Vidal Blanco. Cúmprense agora anos do día que quixen sorprender a mi tía María cunha noticia  que lle sacase da cabeza a mala idea que puidese ter de min: “Tía, onte xantei con un cura”. Ela miroume, sorriu cun aceno de incrédula e preguntoume detalles, o por que e o para que. Fora unha visita de traballo, e despois de cumprir co deber laboral don Elías invitoume a xantar nun restaurante da entrada do Ferrol, para así poder seguir falando e compartindo dúbidas e discrepancias. Pero miña tía, sempre tan mal pensada en todo o que á miña conducta relixiosa se refería, preguntoume de súpeto que coméramos. Seguir lendo Xaxún e outras andrómenas

Pinocho (III). Mentiras e verdades

pinocchio-4490040_960_720Fidel Vidal. A historia de Pinocho está ligada dunha forma verdadeiramente inxusta ao termo mentireiro. “Como digas mentiras vaiche medrar o nariz como a Pinocho”. Esa frase, o dicir mentiras, para a maioría da xente resume o conto do noso Pinocho, é inherente á súa esencia. Non en balde os primeiros arrepentimentos na confesión dun rapaz diante do cura adoitaban ser: “Dixen mentiras e desobedecín a meus pais”, coma se fosen os únicos pecados do mundo. Mentir e desobedecer, elementos base para o desenrolo da mala conduta humana, do mal camiño. E por detrás as ameazas que reprimen e pretenden anular o suxeito que as recibe. Seguir lendo Pinocho (III). Mentiras e verdades

Choiva sobre a lousa cruel dos homes

aquetaciÛn 1Javier Turnes. Aristóteles afirmaba que a alma é, dalgún xeito, todas as cousas. Sobre todas elas -o día, a terra, o heroísmo, a finitude, o deserto, a beleza, Deus- deslízase o libro de Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) para apelar a esta potencia da alma, do ‘fondo sombrío’ que habita en cada un de nós -como a el lle gusta dicir-. Un arsenal e unha chamada, unha teoloxía liberadora que afirma con violencia, pero sen resentimento, que non hai nada que temer, excepto o antropomorfismo e a súa letalidade. Ou, o que é o mesmo, quedar quietos e poñerse a salvo. A alma humana é todas as cousas, tamén a morte, o indeterminado, a vulnerabilidade e a incerteza ordinaria: alí onde está o perigo, habita tamén a salvación. Seguir lendo Choiva sobre a lousa cruel dos homes

Literatura feita por rapazada vs. literatura para a rapazada

catalogo2019Pilar Sampedro. Hai uns días escoitei algo que me fixo pensar en que ás veces poden confundirse ambas: a literatura escrita por nenos e nenas coa literatura escrita para eles e elas. Semella difícil a confusión pero, polo si ou polo non, imos darlle unha volta ao evidente. As persoas que escriben poden ser de diferentes idades. En principio, cando se trata de rapazada, pensamos en escritores en formación, individuos que dominan ata determinado punto as técnicas da escrita, polo que consideramos que son escritores en construción. Seguir lendo Literatura feita por rapazada vs. literatura para a rapazada