Pastor Rodríguez. Osoiro Anes é un dos poetas máis antigos da poesía galega e, sen dúbida, o máis antigo do Barbanza. Fillo de Johan Froaiz Mariño, que fixo testamento en Toxosoutos en 1220, e de Urraca Fernández, pertencía á poderosa liñaxe dos Mariño, con terras na ría de Arousa e na bisbarra de Noia. Crese que naceu en Toxosoutos entre 1195 e 1200, fixo testamento o 15 de abril de 1236 e pouco despois faleceu. Sábese tamén que foi estudante en París, onde se atopaba en 1220, e logo sería cóengo en Compostela. Trobador e non xograr, activo no primeiro terzo do século XIII, do que conservamos oito cantigas de amor, o xénero do lirismo trobadoresco galego-portugués máis próximo á tradición provenzal. Seguir lendo Osorio Anes: Un trobador para Lousame
Arquivo da categoría: Ensaio
A ficción da memoria

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunha insólita competición por ver quen lembraba máis cousas, os amigos chegaron á conclusión de que un mesmo acontecemento de infancia era contado de maneira distinta por cada un deles, con matices e datos que a outros se lles escapaban. Seguir lendo A ficción da memoria
Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia
Román Arén. A guerra civil española produciu ríos de tinta en moitas linguas (galego, euskera, catalán, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, alemán, finés, ruso…) e en moitos xéneros literarios (poesía, narrativa, teatro, biografía, memorias, cine). Houbo entre os autores, escritores de primeiro nivel e moi famosos (Hemingway, Camus, Malraux, Claudel, Dos Pssos, Faulkner, Woolf, Yeats, Sartre, Tzara, Aragon, Auden, Bernanos…), e outros menos coñecidos, franquistas, prorrepublicanos e independentes, mais tamén centos de textos anónimos e de autores “espontáneos”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia
Rafael Dieste por Luís Rei Núñez
X. Ricardo Losada. Non recordo quen dixo que unha boa biografía debería reproducir e dramatizar un proceso que nos é familiar a todos, e conseguir que vexamos o ser do protagonista como un todo, en toda a súa frescura e esencia. É a sensación que teño nada máis rematar de ler Rafael Dieste. O libre pensamento do escritor Luís Rei Núñez. É certo que non hai unha visión nova, nin novidades substanciais, sobre a vida ou a obra do autor de Historias e invenciones de Félix Muriel, pero si moitos datos e documentos inéditos que dan consistencia a ese retrato que Rei Núñez leva elaborando desde hai case corenta anos. Seguir lendo Rafael Dieste por Luís Rei Núñez