Arquivo da categoría: Ensaio

Pasolini: rabia, cólera e rebeldía

pasonili1Gonzalo Trasbach. Día 5 de marzo de 1922. Nace Pier Paolo Pasolini en Santo Stefano (Bolonia). Así pois, de ter vivido arestora o poeta e cineasta italiano estaría a uns pasos de acadar os cen anos. Con motivo da celebración do seu centenario, as editoriais xa puxeron as máquinas en marcha para confeccionar novas edicións da obra xa publicada e ao mesmo tempo para dar a coñecer algunha novidade con respecto á produción artística dunha das máis relevantes figuras da cultura transalpina do século pasado. Entre as novidades é de destacar a biografía Pasolini. El último profeta de Miguel Dalmau (Barcelona, 1975), pola que se levou a 34 edición do Premio Comillas, a correspondente a este ano 2022. Seguir lendo Pasolini: rabia, cólera e rebeldía

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIII. Gaspar Aguilar

Juan_ribalta-retrato_del_poeta_gaspar_de_aguilarRomán Arén. O valenciano Gaspar Aguilar nacera en 1561 e faleceu en 1623. Poeta épico (La expulsión de los moros de España, 1610), lírico (Rimas humanas y divinas; edi. Moderna en 1951) e autor de la Fábula de Endimión y la luna, perteneceu á famosa “Academia de los Nocturnos”. Adoita figurar nas escolmas pola súa poesía lírica, pero non é esta o centro do noso interese senón polo poema no que alude aos condes de Lemos, con motivo das festas rexias en Valencia, pois o de Lemos era sobriño e xenro do valido real, o marqués de Denia e logo duque de Lerma. Aguilar foi dramaturgo, moi gabado por Cervantes e sabía describir moi ben os espectáculos Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXIII. Gaspar Aguilar

Do Araño a Torino

41aH2c6Je0L._SX324_BO1,204,203,200_Ignacio Castro. Os anxos non é seguro que existan, pero as sombras si, e estamos aí sempre. Poderíase dicir deste libro de Ramón Torrado, editado por Axóuxere, o que Carrère di de Limónov: por alucinante que pareza, non é ficción; este home existe, é unha persoa real que se pode coñecer. Todo o narrado en Torino ocorre hai poucos anos, entre Rianxo e Turín. E de certo xeito segue, como a banda musical que acompaña este traxecto existencial, pois dunha verdadeira viaxe nunca se volve. Se xa non é doado escribir sobre outro sen facelo en círculo, dende e sobre o fondo de si mesmo, menos aínda iso é posible cando o obxecto da nosa mirada ten as veas abertas e non se oculta a vida atronada do seu autor. Seguir lendo Do Araño a Torino