Pastor Rodríguez. Nada proba que Frei Alonso del Espinar fose da Pobra do Caramiñal, nin sequera que fose galego, pero sabemos que en 1499 era superior do convento franciscano de Santo Antonio do Xobre, e que en 1502 acompañou o comendador frei Nicolás de Ovando cando este pasou a América como gobernador das illas descubertas por Colón Seguir lendo Da Pobra a América, Frei Alonso del Espinar
Arquivo da categoría: Ensaio
As fábricas de Corrubedo
Santiago Llovo Taboada. Dicir que Corrubedo é un sitio especial non é ningún descubrimento. Son moitos os activos que atesoura esta fermosa parroquia de Ribeira, algúns evidentes e outros que non o son tanto. Hoxe ímonos centrar nunha parte senlleira da súa historia, as fábricas de salga. Seguir lendo As fábricas de Corrubedo
Buena Vista Social Club, 25 anos despois
Gonzalo Trasbach. Cuba: son e ritmo. Música. Sensualidade e cadeiras cimbrando. Bocas pintadas, frescos sorrisos. Luxuria salgada nas rochas do malecón. A Habana. Silencio e ruído. Ateigada de cornechos misteriosos. Nenos xogando na escuridade morna da noite en rúas poeirentas. Escunchada coma unha vella desdentada bailando un bolero cun puro na boca. Mirada de bicha que che di ao pasar: <Si te tratan mal allá, ¡vente pa´ca, mi amol!”>. Seguir lendo Buena Vista Social Club, 25 anos despois
Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón
Antonio Piñeiro. Polas vereas mergulladas da natureza vai a gran parada dos seres vivos. O ollo do arquitecto universal dispón a danza no lombo dunha estrela de mar. Cada fracción de espazo-tempo, malia o teorema euclidiano, é ocupada polo anel impreciso dunha cuncha. A danza das baleas deixa a súa trécola riseira ao lonxe. Desde o profundo soben árbores de diatomeas mentres os peixes respiran auga de cor. Delicadamente simbólica, intimamente filosófica, afervoadamente plástica, anque minuciosa, ata o extremo dun traballo téxtil, comprobei como a nova achega de Carlos Pereira concitou cualificacións apaixonadas no libro de visita. Seguir lendo Carlos Pereira. Estirpe de Poseidón