X. Ricardo Losada. Conta Luís Rei Núñez na súa biografía que Rafael Dieste foi aprender as primeiras letras ao parvulario da señora Fanchuca, unha muller chapada á antiga que, como era habitual naqueles primeiros anos do século XX, utilizaba métodos violentos, como zorregar cun pau na man a quen non sabía soletrear unha palabra. E que, cando pasou á escola nacional, onde tivo un mestre con métodos máis modernos, consciente de que aquelas clases si lle aproveitaban, ao chegar á casa dixo: “Vedes como o torpe non era eu? Torpe era quen non sabía ensinar”. Seguir lendo O can de Dieste
Arquivo da categoría: Ensaio
Zapatillas deportivas
Fidel Vidal.
Primeiro deberon ser as chinelas de coiro e as sandalias. Tratábase de defender os pés descalzos, de calzarse. E se a historia das palabras non minte, o calcetín adiantouse ao zapato como calzado, xa que logo, calzado vén de calzas. Unha maneira de cubrir os pés e engadir unha peza cerrada sen pasar da canela. Despois viñeron os tacóns. Velaí os zocos, ou mesmo nos zapatos. Pisar forte, çapat. Coa chegada da industria, comezouse a producir calzado en serie e, coa mesma, a desaparición do gremio de artesáns. Seguir lendo Zapatillas deportivas
Caldo de lentellas
Mauricia Ces Quintáns. — Pon a ola ao lume e bótalle a carne que está na bañeira! – Tres ósos descarnados.
— Cal ola? A grande, a pequena ou a mediana? Se somos as dúas porei a pequena, non? – Non quero que sobre moito para as galiñas. Non polas galiñas. Porque estará tres días deambulando á espera da fame das galiñas. Seguir lendo Caldo de lentellas
En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta
Gonzalo Trasbach. Despois de dous amplos libros anteriores, Ética da desorde e Choiva oblicua, en cuxas páxinas podemos atopar momentos dunha potencia reflexiva e poética pouco frecuentes, Ignacio Castro Rey (Santiago, 1952) regresa á súa querenza anterior, unha aceda belixerancia con esta normalidade social, falsamente interactiva e horizontal. Castro actualiza agora unha enérxica crítica que se nutre dun optimismo existencial condensado nun formato breve, aínda que non menos contundente: En espera. Sobre a hipótese dunha violencia perfecta ( LaOficina). Perfecta, suxire este ensaio, porque se personalizou, combinando uns malos tratos globais de fondo co espectáculo das identidades narcisistas. Seguir lendo En espera, un tratado sobre unha violencia perfecta