Xerardo AgraFoxo. A costa norte de Sardeña destaca polas costas escarpadas, as cativas praias de área fina, as chairas perfumadas polo maquis, as «nuragas» prehistóricas e os enclaves de Porto Cervo e Porto Redondo, onde veranea algún personaxe controvertido e decadente da sociedade italiana. Seguir lendo Saccargia, a xoia máis prezada da arte románica
Arquivo da categoría: Ensaio
Dylan é unha multitude
Gonzalo Trasbach. O pasado 24 de maio, último luns deste quinto mes do 2021, Bob Dylan acadou a moi venerable idade de 80 anos. Moitos da súa “quinta” dentro do panorama musical xa quedaron on de road fai anos. O seu nome de pía é Rober Allen Zinmmerman, o cal cambiou en honor ao poeta Dylan Thomas (Gales, Swanse, 1914-Nova York, 1953), quen faleceu no hospital San Vicente de Manhattan, con só 39 anos, e que logo caeu no esquecemento case total, sepultado polo éxito e a fama que adquiriu o cantante de Minnesota, que viñera ao mundo en Duluth o 24 de maio do 1941. Seguir lendo Dylan é unha multitude
Alghero, a cidade máis española da Sardeña
Xerardo AgraFoxo. Bautizada así pola abundancia de algas na súa costa, Alghero é a xoia do turismo sardo pola súa beleza e as rúas do arrabalde medieval ateigadas de tendas de xoiería e pezas de coral. Malia os danos provocados polos bombardeos durante a II Guerra Mundial, o corazón do seu casco histórico permaneceu intacto. Seguir lendo Alghero, a cidade máis española da Sardeña
Calcetíns
Fidel Vidal. Necesito botar fóra o rumiar sobre as leas que manteño cos calcetíns. O caso é que non soporto as costuras da parte dianteira, e busco sempre aqueles onde non sobresaia o encano para evitar o dano nas dedas. Fanme feridas. Que lle vamos facer se a natureza me dotou así, delicado de pés? Prenda íntima onde as haxa, xa que logo, sen estaren á vista de vez, hai que presume dos estampados e vistosos, se ben eu prefiro, intercambiando algún de cor marrón, os negros ou azuis escuros. Seguir lendo Calcetíns