Román Arén. Hai consenso xeral, cando menos dende Menéndez Pelayo, en que é La araucana o mellor poema épico da literatura castelá do Renacemento. Non é pouco mérito, pois foron moitas as obras neste xénero poético, aínda que é certo que está por debaixo da calidade de Os Lusiadas do Camoes. Narra a conquista de Chile polas armas españolas, pero con grande admiración polo valor e pola coraxe dos araucanos.
Alonso de Ercilla e Zúñiga (1533-1594) fora paxe do futuro Felipe II e viaxou con el por Europa. Foi a América en 1555, chegou a Europa. Foi a América en 1955, chegou a Perú en 1556 e a Chile en 1558. Embaixador de Felipe, non sabemos os motivos polos que foi separado da Corte. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CIL. Alonso de Ercilla e La Araucana


