Fidel Vidal. Eu son o demo. Calquera pode ser cualificado de demo, mesmo cariñosamente. O diabo aparece como palabra axeitada para definir sobre todo aqueles nenos afeccionados ás trasnadas ou, pola contra, aqueloutros capaces dunha eficacia inesperada: “Este rapaz éche o demo”. O ‘diabo’, tradución grega do ‘satanás’ hebraico, significa ‘opositor, adversario, inimigo’, e a palabra ‘demonio’, ‘xenio, espírito, intelixencia’. Sócrates presumía de dialogar co seu ‘Daimon’ como se fose o seu anxo da garda. Seguir lendo O Demo
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CXLVII. Ernesto López-Parra
Román Arén. Xa teño escrito neste café sobre López Parra, definíndoo como “ultraísta”, é dicir, como membro das primeiras vangardas españolas (1918-1924), pero foi un poeta “ex comungado” polos seus colegas por ter reincidido no “modernismo” ao editar a peza teatral País de abanico en 1921. Malia iso, com0pilou os seus poemas máis vangardistas no libro La Imagen Iluminada en 1929. Mais agora, mercé ao labor realizado por Pablo Rojas, sabemos que, realmente, López-Parra foi catro poetas: un orixinalmente posmodernista (Poemas del Bien y del Mal, 1920), un ultraísta, un poeta comprometido (Auroras rojas, 1936) e un poeta carcerario. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLVII. Ernesto López-Parra
Emilia Pardo Bazán e Libredón (II)
Pilar Sampedro. Na exposición á que me refería na entrada anterior, froito dunha investigación minuciosa dos profesores José Manuel González Herrán e Santiago Díaz Lage, a segunda parte xiraba arredor de Compostela na obra de Emilia Pardo Bazán. Seguir lendo Emilia Pardo Bazán e Libredón (II)
Emilia Pardo Bazán e Libredón (I)
Pilar Sampedro. A exposición Dona Emilia e Compostela organizada polo Ateneo de Santiago e comisariada polos profesores Santiago Díaz Lage e José Manuel González Herrán púidose ver nas salas de Fonseca ata hai uns días e agora continúa o seu percorrido polos centros socioculturais da cidade, en versión “resumida”, nos paneis aos que acompañaban diferentes documentos en vitrinas. Seguir lendo Emilia Pardo Bazán e Libredón (I)