Arquivo da categoría: Ensaio

Antón de Noia na viaxe de Magallanes

noiaXerardo AgraFoxo. Entre os exploradores de Noia que participaron nas expedicións atlánticas do século XVI atópanse, Lorenzo de Armada, que se enrolou na segunda viaxe de Colón polo Caribe, e Xoán de Noia que participou na cuarta viaxe colombiana coa  intención de descubrir as  terras situadas máis aló da liña disposta polo Tratado de Tordesillas. Seguir lendo Antón de Noia na viaxe de Magallanes

Andrés Martínez García, unha vida no teatro

O Escritor. AMG_Sempre_en_RianxoPastor Rodríguez. Rianxo é vila de teatro e, entre os que entregaron a súa vida á arte de Talía, non debe esquecerse a figura de Andrés Martínez García, “Pancho”, nacido nesa vila en 1957, e que faleceu en 2010. Actor, director teatral, dramaturgo, vencellado ao grupo Xeito, dirixiu pezas como Sinfarainín contra don Perfeuto de Bernardino Graña en 1980, ou A fiestra valdeira de Rafael Dieste en 1982, e outras moitas. Como actor representou autores como Eduardo Blanco Amor, Manuel Varela Buxán, Rafael Dieste ou Bernardiño Graña. En 1978 levou á escena unha obra da súa autoría: As Américas dun labrego. Xa no ano 2008 publicou en Edicións d’O Castro (Sada) o libro Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro. Seguir lendo Andrés Martínez García, unha vida no teatro

Queridos mocos

mocosX. Ricardo Losada. Ao rematar de ler o pequeno ensaio de Wystawa Symborska Os pés do príncipe, por non falar doutras partes do corpo, decidín ver de novo As amizades perigosas de Stephen Frears, coa fin de comprobar algo que a poeta polaca comenta sobre as películas que tratan de recrear o século XVIII. Tras constatar que o atrezo e os interiores adoitan ser fidedignos, di: “Porén, ningún dos directores se decidiu aínda a mostrar o lixo, os eccemas, os herpes e a sarna Seguir lendo Queridos mocos

Baudelaire: o Mal é (e) o Ben

BlVmUxPIYAA4LzPFidel Vidal. O Mal en si, fóra da dimensión lingüística, non existe. Materialízase a través da formación educativa que o cativo recibe ao longo do seu desenrolo en relación a determinadas condutas. ¿De que maneira? Segundo a valoración xerarquizada establecida pola arbitrariedade dos adultos, en especial a obediencia a estes. Non rebelarse. O mal, unha conduta mala, está ao servizo caprichoso dos educadores cando din que isto ou aquilo que ti fixeches está mal. Ou que non se debe facer. Se non o corrixes entón a conduta deixa de ser mala para trasladar o mal ao suxeito: ti es o malo. E no límite da suposta incapacidade da corrección o adulto pode diagnosticar o Mal como algo alleo que o domina. O Mal habita no seu interior, o Mal apropiouse do suxeito: o Demo no corpo. Seguir lendo Baudelaire: o Mal é (e) o Ben