Arquivo da categoría: Ensaio

A atracción

atrapadoÓscar Reboiras. É superior a min. Quero escapar pero non podo. Míntome a min mesmo. Dígome que só cinco minutos máis, sabendo que se eses minutos se van estirar como unha goma de mascar ata facerme perder a noción do tempo. E volvo a mentirme ao día seguinte. E ao outro.

Porque si, vivo pegado a unha pantalla. Non me refiro tanto ás oito horas de xornada laboral, diante do ordenador do traballo, como ás que me absorben o siso despois. Acendo o móbil, coa ansiedade de quen pensa que o mundo puido cambiar dende onte e descúbrome vendo vídeos de xente que fai playbacks en TikTok. Seguir lendo A atracción

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLVI. Un modernista: José del Río Sainz

pick01Román Arén. José del Río Sainz (Santander, 1884-Madrid 1964) destacou como xornalista co pseudónimo “Pick” (unha homenaxe modesta a Dickens: Pick-Wick) e tamén como poeta, definido unhas veces como modernista e outras como posmodernista polo seu prosaísmo, que combinaba co dominio da métrica, a melancolía e o humor. Gerardo Diego, que o admiraba e o incluíu na segunda edición da súa famosa antoloxía, atopaba nel pegadas parnasianas simbolistas (Tristán Corbière) e realistas. Como xornalista escribiu e dirixiu xornais cántabros como <La Atalaya> e <La voz de Cantabria>, pero despois da guerra este conservador-liberal ficou en terra de ninguén Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLVI. Un modernista: José del Río Sainz