Arquivo da categoría: Ensaio

Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)

radGonzalo Trasbach. Foi na primavera de 1991 cando o grupo que lideraban os irmáns Santiago e Luis Auserón (Zaragoza) decidiron baixar a persiana dunha traxectoria exitosa, apagar unha chama que se mantivo ardendo durante algo máis dunha década. Naceu Radio Futura á sombra da nova onda dos anos oitenta, pero co devir dos anos a banda foi evolucionando cara a un pop mestizo Seguir lendo Trinta anos sen Radio Futura (La ley del desierto, el agua)

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

araquistainRomán Arén. Luis Araquistáin e Quevedo foi una figura moi importante na política española de preguerra e da Segunda República, non tanto polos seus cargos políticos (deputado, embaixador en Berlín) como polo seu liderado da esquerda socialista e referente do pensamento progresista español, que exerceu como director de publicacións como <España> (1916) e, sobre todo, <Leviatán> (1934-1936) e <Claridad> (1935). M. Bizcanondo estudou o papel de Araquistáin no pensamento da esquerda española nun libro de 1975. Pero Araquistáin, nacido en Bárcena de Pie de Concha en 1886 e membro da Xeración do 14 Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLV. Un socialista: Luis Araquistáin

Wolframio para Hitler

comunion 1Fernando Salgado. Nos miles de publicacións que abordan a II Guerra Mundial, Lousame non conta cun só apuntamento a pé de páxina, e nos balances do Porto de Vilagarcía tampouco aparecen anotacións das saídas de barcos cargados de wolframio con destino a Alemaña. É lóxico. A España de Franco enarboraba unha neutralidade que non impediu ao exército de Adolf Hitler abastecerse Seguir lendo Wolframio para Hitler

263 mandas para Isaac

Retrato a fío de Ana de Vilatuxe sobre debuxo de Siro
Retrato a fío de Ana de Vilatuxe sobre debuxo de Siro

Pilar Sampedro. Porque “manda” é un agasallo, unha doazón, un legado… aí están as 263 mandas que se envían a Isaac polo correo da inmortalidade.

Porque manda é o que se pode coller, dunha vez coas mans, aquí está este monllo de obras que van dende as pinturas e esculturas ás fotografías e instalacións, dende as pezas musicais e as artesanías de todo tipo (pezas de xoiería, téxtil, cerámica…) á escrita en forma de narración, poesía, ensaio… e outras de difícil enmarque.

Porque manda tamén é un grupo que vai xunto, é dicir, un conxunto de elementos, aí os estamos, todas e todos os que detiveron o seu andar para dedicarlle un tempo ao Isaac. Seguir lendo 263 mandas para Isaac