Arquivo da categoría: Ensaio

Historia de dous campos

B18E8025X. Ricardo Losada. O Campo de Arriba é a alameda. Plátanos, bancos de pedra, parque infantil, fonte. O Campo de Abaixo é o centro neurálxico. Cafeterías, bancos de crédito, inmobiliarias, servizos administrativos, coches. A historia contemporánea de Rianxo é a historia dunha longa posguerra, tras a vitoria do Campo de Abaixo sobre o Campo de Arriba. Seguir lendo Historia de dous campos

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena

Torcuato_Luca_de_TenaRomán Arén. Por idade Torcuato Luca de Tena (1923) pertence á xeración de Carlos E. De Roy, Rafael Montesinos, José Hierro e Pablo García Baena, pero, aínda que comezou a súa carreira literaria como poeta, a crítica non o considerou nunca unha figura importante e o seu éxito, sobre todo popular, veulle como novelista. Os da miña xeración, e os da anterior, lembrarán unha novela de adolescencia, Edad prohibida, que fora publicada en 1957 ou 1958, case ao mesmo tempo que La vida sale al encuentro, de Martín Vigil. Novela amena, algo moralista, convencional, pero ben escrita, os críticos “serios” non a valoraron, pero o autor non carece de maña literaria. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIV. Torcuato Luca de Tena

Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada

descargaRomán Arén. Quen asinaba César M. Arconada nacera en Astudillo, Palencia, en 1898 e o seu primeiro apelido era Muñoz. Foi figura importante na vangarda española, autor de ensaios como En torno a Debussy (1926), Vida de Greta Garbo (1929) e Tres cómicos de cine (1931), pero tamén narrador social en Los pobres contra los ricos (1933) e Reparto de tierras (1936), ademais de importante xornalista en <El Diario Palentino>, <La Gaceta Literaria>, <Octubre>, <Tensor>, <Nuestro Cinema> e <Mundo Obrero>. Cultivou tamén o teatro en 3 farsas para títeres (1936) e foi importante poeta ultraísta en Sed (1922) e Urbe (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLIII. César M. Arconada