Pilar Sampedro. O último texto, correspondente ao ano 2020, foi escrito por Manuel Gago. Nel di “Cada vez que abrimos un libro, cada un de nós atópase co resto da humanidade, coas persoas do noso tempo e con aqueloutras que viviron hai centos de anos (…) atopámonos para sempre entre as palabras. E ninguén le o mesmo libro, porque os libros fálannos distinto a cada un de nós. Seguir lendo Cartas a unha lectora, a un lector (VI)
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CXLII. Victoriano Crémer
Román Arén. Victoriano Crémer (1907-2009) é o paradigma do que Dámaso Alonso entendía como poeta enraizado, comprometido anotaban outros, ou social, pero a definición de Dámaso Alonso é a máis acertada, xa que nos primeiros corenta o “compromiso” só podía ser expresado polos vencidos en clave expresionista, pesimista e simbólica, cando non relixiosa (que non nacional-católica). E Crémer, de orixe pobre, foi un vencido, como o foron Ramón de Garciasol, Carballo Calero, Leopoldo de Luis, Celaya e moitos outros. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXLII. Victoriano Crémer
Un historiador de Muros
Pastor Rodríguez. Non hai dúbida de que ata as publicacións de Manuel Fabeiro, o historiador de Muros máis importante era Ramón de Artaza e Malvárez, nado nesa vila no ano 1877. Licenciado en Dereito, foi rexistrador, pero tamén xornalista, director de publicacións locais como El Diablillo, Villa de Muros ou Tribuna Gallega. Seguir lendo Un historiador de Muros
Caligrafía de combate
X. Ricardo Losada. Parece claro que coa introdución das novas tecnoloxías, os nenos acabarán por non coñeceren a pulsión de escribir a man. Un ruído, un equilibrio raro entre o cóbado, o lapis e a man, como di Alejandro Zamba. A min pásame cando escribo as postais de Nadal. Escollo algunha foto que eu mesmo tirei nalgún momento dese ano, e póñolle unha frase que me guste e un pequeno comentario. Por exemplo, unha frase de Pessoa: “Combater é non ser capaz de combaterse”, e debaixo: “Por un 2021 no que combatas máis contigo que cos demais”. Pero, aínda que fago a postal nun programa de ordenador, e a mando por correo electrónico Seguir lendo Caligrafía de combate