Arquivo da categoría: Marina Losada

Inimigo público número un

fposter,small,wall_texture,product,750x1000Marina Losada Vicente. A presidenta da AMPA deu conta de que un alumno tiña cometidos actos vandálicos que provocaran que o expulsaran do instituto durante unha semana. O colectivo escolar estaba indignado, sobre todo os membros da asociación, que o consideraban case un terrorista. Todo foron insultos e descualificacións sobre o mozo, difíciles de soster en liña aberta cuns pais que ninguén coñecía, pois traballaban no estranxeiro. Seguir lendo Inimigo público número un

Costumes de alcoba

vinilo-de-mujer-cantandoMarina Losada Vicente. Na Cuba todo era diferente, aínda que algunhas cousas, sobre todo os xogos de alcoba, eran como en calquera outro sitio. Certo que para unha nena de doce anos, que acaba de desembarcar nunha mansión enorme, desde un Rianxo que non sabe situar no mapa, todo era estraño.

A primeira encomenda do día era facer o cuarto da ama, en canto esta se pechaba no baño. Chamáballe moito a atención os diferentes estados de humor cos que se levantaba. Seguir lendo Costumes de alcoba