Marina Losada Vicente. Agradecía estar viúva. De ser o que estaba pensando, cousa como ela!, o home entraría en cólera. Nin sequera estaba segura do que significaba aquilo que se escoitaba dentro do cuarto da rapaza, cando se retiraba a descansar. Sentía un abismo baixo os pés só de pensar en tratar certas cousas coa filla. Encomendoulle o labor a unha veciña, á que moitas veces, no lavadoiro comunal, sentira gabarse, e non por soberbia nin por sobrada, das “marabillas” Seguir lendo Evelina. Ano 1950
Arquivo da categoría: Marina Losada
Chámome Marina
Marina Losada Vicente. Faltas nos paseos pola baixa mar. Todo o verán 2021 esperando ver a quen unha canción definía como “fina estampa, caballero…”. Agora, cando remata agosto e non teño a quen preguntar por ti, sinto non ter sido máis sociable. Nos últimos anos formaches parte dunha paisaxe ilusionante para min. Seguir lendo Chámome Marina
Verán 2008. Rexeneración
Marina Losada Vicente. A casa quedounos pequena. Dúas habitacións para oito persoas: Avoa, mamá, papá, meus catro irmáns e mais eu. Da planta baixa e primeiro andar pasamos a baixo comercial, tres plantas altas e un baixo cuberta. Perdemos o refuxio, a lareira, e o prezado forno de leña. Tamén se foron o retrete de madeira e a corte de debaixo das escaleiras, deus o paghe, dixera avoa. Seguir lendo Verán 2008. Rexeneración
Secuencia alterada
Marina Losada Vicente. Co feixe tinguileando na man, achégase ao edificio e busca a chave verde. Unha veciña está na entrada, a porta franqueada, regando unha planta que Rosario considerou murcha sen remedio. Dálle os vos días sen nomeala, incapaz de recordar, nese intre, como se chama a rapaza do terceiro. Seguir lendo Secuencia alterada