Arquivo da categoría: Marina Losada

Concédesme este baile?

depositphotos_273820294-stock-illustration-dancing-preschool-boy-and-girlMarina Losada Vicente. Cantas veces vivín eu a mesma situación, veña e dálle, no meu maxín. O meu corpo, teimudo, sentía cada vez a túa invitación ao baile. Unha man acariña a cintura. A outra recolle a miña para iniciar xuntos o voo. Dúas bolboretas nunha danza nupcial.

Cada vez e todas as veces que escoita tocar a gaita, muiñeira ou xota, peza lenta ou rápida, o meu corpo sente unha forte chamada ao movemento. A necesidade de bailar percorre cada poro da miña pel. Seguir lendo Concédesme este baile?