Marina Losada Vicente. María foi “ela”, para seu irmán. Durante a infancia e tamén na puberdade o nome propio borrouse na cabeza de quen lle levaba só un ano. María era “ela” e a ninguén lle ocupou tempo pensar en como se sentía. Ignora se lle dixeron algo ao neno que negaba a realidade co xesto infantil de borrar o nome. María era “ela” e aquel seu irmán era o seu faro. Seguir lendo Ela
Arquivo da categoría: Marina Losada
Ao mar fun por laranxas…
Marina Losada Vicente. Na casa en que limpa regaláronlle un abrigo rosa fucsia, alegre porque si, cuns bonitos botóns e un gracioso colo volto, apenas usado. Ela mirouse no espello e pensou que tan feliz ía a sentirse o neto ao vela tan guapa. Nunca llo dixo, pero Elena sentía que tiña vergoña dela. Levaba anos sen mercar unha peza de roupa. Nin lle acordaba. A desgana de tanto desgusto levara polo váter abaixo doce quilos de muller rumbosa. Seguir lendo Ao mar fun por laranxas…
En prácticas
Marina Losada Vicente. Érgome. Os pés buscan ás apalpadas as zapatillas. Da mesma maneira, achégome á persiana. Súboa. Abro a ventá e entra o aire fresco. Xa eu ben sabía que ía frío. Á esquerda da ventá, onde a deixei onte, a bata. Póñoa. Polo corredor, a man na parede confirma o camiño da cociña. Porta. Despensa, vaso, billa de auga. Caixón. Caixa das pílulas. Trago unha. Pouso o vaso no vertedoiro. A orde facilita cada movemento. Seguir lendo En prácticas
Cadea perpetua
Marina Losada Vicente. Mamae empeñou-se en escribir aquel diario incendiado de odio na súa cabeza; día a día foi prendendo lume nas neuronas todas, de tal maneira que na época en que cumpría corenta anos, non quedaba nin unha soa sa. Os demais ignoraban o mal, do mesmo modo que o ignoraba ela mesma. Seguir lendo Cadea perpetua