Marina Losada Vicente. O home que entra no comedor é o director do meu cole. Non é un director de músicos como o que vin coa miña avoa. O director do meu cole aplaude, como faciamos nós cando paraba a música. O director do meu cole aplaude e grita silencio para que os nenos e as nenas esteamos calados e poidamos escoitar cando nos chaman polo nome.
A avoa está no propósito de que lle pida a Papá Noel un instrumento. O neno está na idea de ser director de orquestra, si, pero só precisa un pau e un banco ao que subir. E público. Sobre todo público, cousas ambas que non acostuma a ter o saco de Papá Noel. Seguir lendo Orquestra sen partitura