Arquivos da categoría Moisés Suárez

Os nosos

nino-zapatos-nuevosMoisés Suárez. Rosa está encantada de poder volver andar  espida por toda a casa. Sempre lle gustou  ese costume. Pero nos últimos seis anos, con papá  vivindo con nós non podía facelo. Eu insistía en que non se cortase. Para entón meu pai xa non se decataba de nada e para el ver o corpo espido de Rosa había de ser coma ver un moble ou unha persoa das que saía na televisión e coas que teimaba en entaboar conversa. De feito, cando se decataba da presencia da muller na  casa adoitaba preguntar:  ¿E esa quen é? Eu dicíalle “é Rosa papá, a miña muller” e el continuaba “Pero, ¿non é túa nai logo?” e remataba “Entón non é dos nosos”. Continue reading Os nosos