Arquivo da categoría: Narrativa

Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim

Voyager cubertaAlberte Pagán. Kurt Waldheim, político católico e conservador do Partido Popular Austríaco, foi secretário-geral da ONU (1972-1981) e presidente de Áustria (1986-1992). Em 1985, durante a pré-campanha eleitoral, publicou No olho do furacám. Estas memórias aspiravam a dignificar a sua figura política, mas o efeito foi o contrário: de imediato aflorou o seu passado, que o autor pretendia dissimular, como oficial nazi. Isso nom impediu que ganhasse as eleiçons. (Por que?, pergunta el incrédulo, detendo a cunca de café a meia altura: Como a gente pode votar por um nazi? A gente votou polo mesmo Hitler, argumenta ela. Seguir lendo Voyager. A inóspita poesia de Kurt Waldheim

Costumes de alcoba

vinilo-de-mujer-cantandoMarina Losada Vicente. Na Cuba todo era diferente, aínda que algunhas cousas, sobre todo os xogos de alcoba, eran como en calquera outro sitio. Certo que para unha nena de doce anos, que acaba de desembarcar nunha mansión enorme, desde un Rianxo que non sabe situar no mapa, todo era estraño.

A primeira encomenda do día era facer o cuarto da ama, en canto esta se pechaba no baño. Chamáballe moito a atención os diferentes estados de humor cos que se levantaba. Seguir lendo Costumes de alcoba

El hijo del chófer, de Jordi Amat

portada_el-hijo-del-chofer_jordi-amat_202009031817Xerardo AgraFoxo. Máis que unha investigación histórica ou un documento sobre a realidade política e cultural catalá, este libro de Jordi Amat (Barcelona, 1978) semella una novela de terror. Nas súas apertadas páxinas cóntase a vida de Alfons Quintá, fillo do chofer que durante anos levaba ao escritor Josep Pla nas súas viaxes por Cataluña e Francia, onde se entrevistada con diversos personaxes que fuxiran do franquismo, coma o ex presidente Josep Tarradellas. Malia estas amizades, o devandito personaxe tratou de chantaxear ao mesmo Pla cunha carta que lle remitira cando tan só era un adolescente. A través dunha sinxela exposición dos acontecementos, Amat retrata en El hijo del chófer (2020) un insólito personaxe dos medios de comunicación. Seguir lendo El hijo del chófer, de Jordi Amat

Helgoland

526b8135c35305a383b02687d59f913c4a3387e5X. Ricardo Losada. Só levo vinte páxinas lidas e xa teño ganas de escribir este artigo. O libro titúlase Helgoland, o nome da illa do Mar do Norte onde Werner Heisenberg descubriu a idea clave que fixo posible a mecánica cuántica e todos os enormes descubrimentos que nos trouxo no século XX e que nos traerá no século XXI. O autor é un vello coñecido meu, Carlo Rovelli, un físico teórico italiano cun enorme prestixio, tanto no ámbito da ciencia como no da divulgación. Non vou facer, por suposto, unha valoración do libro, pero si quero comentar algúns aspectos que xa me fascinaron desde o principio. Seguir lendo Helgoland