Arquivo da categoría: Narrativa

Valle 2.0

Foto: La Voz de Galicia
Foto: La Voz de Galicia

Marco Bravo. Sempre me chamou a atención o snobismo de certos articulistas ao vernizar situacións cotiás e presentalas como vivencias literarias inalcanzables para o resto de mortais. Pero como teño dezaoito anos e a miña vida está moi lonxe de resultar interesante para un adulto terei que tragar as miñas palabras, porque todos somos un pouco hipócritas cando nos interesa. Seguir lendo Valle 2.0

Un trinta e cinco

Sabana-King-Size-1Marina Losada Vicente. Quedou bloqueada diante da pregunta. Volveron á súa cabeza as noites nas que durmía na fronteira, presa do medo. Tanto, que cando rematou o pesadelo, non soubo volver a normalidade, nin querendo. Só unha vez -unha chamada do baleiro- atreveuse a percorrer todo o campo de batalla, que non era tanto, dous con cincuenta e seis metros cadrados, mais a desolación levou aos seus ósos a repregarse. Seguir lendo Un trinta e cinco

Da outra banda da ponte de Brooklyn

A ponte americana, tras da que parecen vigas de batea.
A ponte americana, tras da que parecen vigas de batea.

Oliveira Casal. Algunhas mañás, de cando en vez, abrimos os ollos á paisaxe. Como se non tivese estado aí o día anterior. Como se alguén amañase para nós un decorado. A luz ilumina e configura o mundo. Como vampiros que descorren o pano da morte, miramos o universo con ollos novos. Seguir lendo Da outra banda da ponte de Brooklyn