Arquivo da categoría: Mauricia Ces Quintáns

Ideas brillantes

682957_poster_lMauricia Ces Quintáns. Chegou o momento: había que pintar arriba. A casa levaba anos case deshabitada. Só nas reunións familiares con ocasión das festas máis sinaladas volvía encherse como antes; e as habitacións, deshabitadas a maior parte do ano, precisaban unha man de pintura.

          A esa conclusión definitiva chegou a dona tras considerar que os poucos euros que conseguiu furtar a outros gastos, que non aforros, debía investilos nesa necesidade. As raspaduras, fendas e humidades sinalaban o mapamundi de desatención nas paredes cubertas de anos e de esquecemento. Seguir lendo Ideas brillantes

V. W.

ZJLQZT90WRMauricia Ces Quintáns. Sempre é outono, pensou. Si, tres meses de intenso outono. Desbordante, febril, sen compaixón; sen concesións. Leu por segunda vez ata a páxina 29 da novela de Virginia Woolf “La señora Dalloway” e decidiu que ía imitala. Claro que sempre podería volverse atrás; non facelo. Iso sería o máis probable. Probable era moito arriscarse. O acertado, sen lugar a dúbida, sería non enganarse a si mesma Seguir lendo V. W.

Distancia

descargaMauricia Ces Quintáns. Pita descontrolada no medio do túnel do corredor escuro: un vagón soltou amarras. A locomotora perdeu o norte, saíuse de vía. No corredor, a máquina do osíxeno troupelea como un tren canso. Un pulmón en vía morta. No corredor, a máquina de osíxeno expele, sen tregua desde hai dez anos, o sempiterno respirar ruidoso de tren vello, de tren canso, de tren antigo. Un pulmón xubilado en vía morta; esquecido. Seguir lendo Distancia