Marina Losada Vicente. Estaba afeita a ver como a nai tiraba as cabichas do cinceiro á rúa. Escoitaba o levantar da persiana e o correr das cortinas de forma rápida e compasada. O corpo da muller asomaba á xanela que acababa de abrir. Entendo que era o seu primeiro contacto coa luz do día, pois sempre o facía á primeira hora da mañá. Seguir lendo De cabichas e tradicións
A ficción da memoria

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nunha insólita competición por ver quen lembraba máis cousas, os amigos chegaron á conclusión de que un mesmo acontecemento de infancia era contado de maneira distinta por cada un deles, con matices e datos que a outros se lles escapaban. Seguir lendo A ficción da memoria
Visita a Auschwitz-Birkenau
Gonzalo Trasbach. Era mediodía cando chegamos ao territorio da desolación, a vexación e o terror indiscriminados. Entramos polo portón por onde os trens ateigados de deportados ían camiño da estación “Solución final” Birkenau=bidueiro en alemán. Parámonos diante dos barracóns de madeira que teñen resistido en pé o paso do tempo. Un dobre aramado de espiños electrificado bordea as case duascentas hectáreas Seguir lendo Visita a Auschwitz-Birkenau
Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia
Román Arén. A guerra civil española produciu ríos de tinta en moitas linguas (galego, euskera, catalán, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, alemán, finés, ruso…) e en moitos xéneros literarios (poesía, narrativa, teatro, biografía, memorias, cine). Houbo entre os autores, escritores de primeiro nivel e moi famosos (Hemingway, Camus, Malraux, Claudel, Dos Pssos, Faulkner, Woolf, Yeats, Sartre, Tzara, Aragon, Auden, Bernanos…), e outros menos coñecidos, franquistas, prorrepublicanos e independentes, mais tamén centos de textos anónimos e de autores “espontáneos”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXVI. Luis de Tapia