Dolores Villaverde. Escribía D. José Couselo Bouzas na súa Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX que “la hermosa y atrayente villa de Noya ha contado en todo el siglo XVIII y parte del XIX con un número relativamente grande de artistas…”. Non se enganaba, pois chama a atención por ser a vila de Galicia máis prolífica en canto a actividade artística se refire nesas décadas. De feito, a maior parte dos artistas, sobre todo escultores, que traballan para a diocese de Santiago proceden de aí. É indiscutible que o máis popular foi Xosé Ferreiro, pero pode ser interesante dar a coñecer outros nomes que non deben quedar no esquecemento, e que tamén nacen ou se forman en Noia. Seguir lendo Escultores de Noia no neoclasicismo galego
Invasión

Xulio Gutiérrez. Os rapapelos procesionan por onde lles peta. Indiferentes aos pasos de cebra, aos semáforos e ás direccións prohibidas. Indiferentes aos pisotóns dos primates con zapatos que os esmagan pisándoos con asco. Indiferentes ao balbordo dos nenos que xogan a desfacer con paus as súas rectilíneas formacións. Seguir lendo Invasión
Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo
Román Arén. Hai un certo número de poetas, autóctonos e foráneos en xeral de raíz católica, que identifican Galicia co Apóstolo Santiago, non só patrón de Galicia, xa que é o patrón de España e de moitas parroquias, mesmo en América. Algúns destes poetas logran ata non citar a Galicia, aínda que sobreentendan que gabar o Apóstolo Iago é gabarnos a nós. O máis famoso dos poemas ao patrón é o de frei Luis de León, pero houbo varios tamén no século XX. Elixo un que apareceu na revista galega <Gelmírez> en 1946 e que esta editou nun “encarte”, “Galopada de tercetos al Señor Santiago”, do rioxano de Haro Antonio de Zubiaurre (1916) Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CVIII. Un cantor do Apóstolo
Sorpresa vaxinal
Marina Losada Vicente. Cando a chamaron en urxencias non imaxinou que fose para facérenlle a proba do embarazo. Estaba xa na padioca cando llo dixeron e case lle dá un ataque de risa. Fóra alí por un fluído cheirento que recollían a cada minuto, pasaba do mes, as súas bragas, o tempo que a doutora de cabeceira precisou para deixar de receitarlle pomadas Seguir lendo Sorpresa vaxinal