Teño un tractor erudito

tractorX. Ricardo Losada. Hai unha actividade que fago como profesor que me motiva espe-cialmente. Mándolles aos alumnos preparar unha exposición oral, mínimo cinco minu-tos, sobre algo que lles guste moito: un hobby, un libro, un soño, unha viaxe, un poema, unha canción, unha amizade, un amuleto. Son, na maioría dos casos, exposi-cións moi gratas, pero tamén moi revela-doras, sobre todo as dos alumnos academi-camente malos e que non se portan ben na clase. Seguir lendo Teño un tractor erudito →

Xosé Duncan, fantasía e crítica social

Negruña_Xosé_DuncanPastor Rodríguez. Nacido en Chorén, Rianxo, en 1970, Xosé Duncan é a sinatura literaria de Xosé Ramón Suárez Ordóñez. Aos catro anos vai coa familia para A Coruña, pero segue disfrutando da terra natal nos veráns. Afeccionado á banda deseñada, á poesía e á música, este informático acabará por se converter no representante da literatura fantástica galega, iso si, sen que esa fantasía ignore a crítica social porque toda escrita fala sempre do presente, aínda que o faga a nivel simbólico. De exemplo desta mestizaxe literaria pode servir a súa última novela, Negruña (2016), que ilustrou Segismundo Rey, sátira da cidade d’A Coruña, resultado no seu título de unir o nome dun alcalde do partido popular ao da cidade gobernada. Seguir lendo Xosé Duncan, fantasía e crítica social →

Saint Louis

2Xerardo AgraFoxo. Saín da casa e diri-xinme ao barrio mariñeiro de Guet N´Dar, onde, no reducido espazo de 0,3 quilómetros cadrados, vivían máis de 40.000 habitantes, unha das maiores concentracións humanas que existían en Senegal. Aínda que no mer-cado, arrombado entre os dous arrabaldes, as mulleres non me acolleron con bo agrado, camiñar entre aquela aglomeración humana constituíu unha experiencia única. Seguir lendo Saint Louis →

Muros, o pasado debuxado na paisaxe

BD21C3F3_214656
A vila ten un eixo viario central cortado por unha chea de calellas

Pedro García Vidal. No plano, Muros semella un peixe, coa cabeza formada pola antiga vila amurallada e unha estrutura ósea, singularizada nun eixo viario central, cortado por unha chea de pequenas calellas que ascenden dende o mar ata a montaña, bautizadas con nomes peculiares, que se corresponde co que sería o antigo arrabalde mariñeiro da Ribeira. Seguir lendo Muros, o pasado debuxado na paisaxe →