Rituais

rituais2Francisco Ant. Vidal Blanco. Contra-riamente ó que nos contan, os romanos aceptaban moi facilmente a importación de deuses foráneos, o que non admitían era a imposición. Tiveron problemas para aceptar nun primeiro momento a introdución da Isis exipcia que acabou sendo unha das maiores deidades do imperio, e declaráronlle a guerra á rama cristiá dos xudeus porque entraban como energúmenos nos templos rachando coas imaxes dos ídolos de toda a vida. Seguir lendo Rituais →

Haworth

vidaInés Otero. Hai uns meses lin Todo ese fuego (2015), un libro de Ángeles Caso no que retrataba a vida das irmáns Brontë na casa reitoral de Haworth, onde as tres fillas do pastor comezan a xornada realizando as tarefas domésticas mentres agardan que chegue a tarde para tecer as súas novelas. Charlotte escribe Jane Eyre, Emily Cumes borrascosos e Anne Anne Grey. Tamén coñecemos a vida licenciosa de seu irmán, o admirado Branwell, mergullado no opio e perdido na relación amorosa cunha muller casada. Seguir lendo Haworth →

O sentido da vida

sentido vidaX. Ricardo Losada. Leo un artigo de Steven Rose, catedrático de Bioloxía, no que intenta responder a pregunta Cal é o sentido da vida? Comeza repasando as respostas máis importantes que se deron ao longo da historia. Ao principio, relixiosas (prepararse para o outro mundo), despois filosóficas (realizar a especificidade humana) e, a partir do século XIX, científicas: é unha pregunta absurda. Máis que polo sentido da vida os científicos prefiren preguntar por unha cuestión máis sinxela, pero de gran dificultade conceptual: que é a vida. Steven Rose, porén, atrévese a dar unha resposta, aínda que unha resposta que desborda os límites da ciencia. Seguir lendo O sentido da vida →

Perderse

tomtomAntón Riveiro Coello. Chega o verán e moitos dan en programar as súas vacacións. Nesa obsesión por velo todo, xa non estamos nos lugares senón que pasamos por eles e temos que agardar á volta para ver os vídeos e certificar a nosa presenza. Por riba, os móbiles e os dispositivos de GPS oriéntannos con esas voces dilixentes e xa non existen as coordenadas da intuición. Seguir lendo Perderse →