Álbum Proust

albumFidel Vidal. O Álbum Proust é un libro para amantes e admiradores do autor da Recherche. Editado por Mondadori España en 1988, trátase dun pequeno e fermoso volume con abundante iconografía, ordenada e comentada por Luciano De Maria, que nos compaña polas paisaxes que contemplou e pisou Proust e polas casas e estancias nas que viviu ou visitou. Ofrécenos tamén unha serie de fotos familiares e reproducións de manuscritos, así como unha imaxe de Elisabeth de Gramont, posible modelo da súa duquesa de Guermantes e algúns cadros e debuxos. Destes destacamos o famoso retrato do autor coa camelia no ollal da solapa, de J-E. Glanche, un escorzo de Cocteau asinado por  Picasso Seguir lendo Álbum Proust →

Esperando o verán

veranCarlos Mosteiro. Relaxados, nun ambiente estival. Hora das confidencias entre amigos. Semellan compañeiros de vacacións, falando das súas cousas, unhas brazadas antes da comida, das cervexas no chiringuito. Conseguiron, durante un tempo, dar esquinazo aos cativos, á familia, que estarán estomballados preto do areal, chapoteando, mergullándose e saíndo verticais cara arriba en pinchacarneiros inconcibibles. Seguir lendo Esperando o verán →