Gonzalo Trasbach. Toniño Kastañón Kabazadebola e Oliva de Javiolongo casaron novos: tiñan vinte e dezaseis anos, respectivamente. KK, como lle chamaban os máis achegados, deixara preñada á moza cando esta era menor de idade. Ao saber do embarazo, el negouse a casar. Pero diante da presión da familia, sobre todo por parte de súa vella naiciña, finalmente accedeu a contraer matrimonio coa rapaza. Seguir lendo O pesadelo de TKK
Dos Diarios de Chirbes
Fidel Vidal. Deste libro (Rafael Chirbes, Diarios. A ratos libres 1 y 2, Anagrama, 2021) montado sobre apuntamentos escritos en diferentes cadernos, que nos mergulla nalgúns capítulos máis escabrosos e sórdidos da súa vida, só vou subliñar varios comentarios que fai sobre obras de autores españois. Para Chirbes, o silencio non é nada se non é “unha pausa entre dous sons. É a nada” (p. 258). Por iso necesita manter o motor en marcha, sexa lendo -estamos diante dun home apaixonado da lectura- e mesmo da escritura, que tanto lle custa. Seguir lendo Dos Diarios de Chirbes
Ara pétrea
Xosé Manuel Lobato. Dende esta ara pétrea de arquitectura natural, onde o suave, maino e velaíño murmurio, dunhas augas natalicias agarima unha paraxe de ensoño no seu espontáneo xurdir.
Neste pétreo retablo gótico, icona dunha gran catedral rupestre, formada polo fluvial desprazamento dos primeiros átomos acuosos do pai Miño, que achega os seus folgos e latexos vitais a unha terra sedenta de xustiza e autoestima de seu. Seguir lendo Ara pétrea
Punto de dereito e punto de revés
Marina Losada Vicente. Ten serios problemas de saúde nas costas. A súa columna debuxa un signo de interrogación, consecuencia de tantos pesos cargados ao lombo. Vinte anos leva vendendo a diario patelas de peixe porta a porta e carrexando sacos de berberechos, que ela mesma rabuñou ao mar Seguir lendo Punto de dereito e punto de revés