Román Arén. Nova entrega poética de Martín Veiga, que pode sorprender por ir contracorrente da poesía galega de hoxe, máis hermética e inefable. O poemario amosa a dualidade de toda existencia, a perda e a ganancia, na que o eu lírico fai balance, mira atrás, e nunha mensaxe clarificadora amosa a súa crenza na vida Seguir lendo Un lugar para a meditación
Todolos artigos de: cafebarbantia
Joan Miró na Coruña
Fidel Vidal. Pasadas as restricións por culpa da pandemia, por fin, xa podemos contemplar a exposición de Joan Miró na Fundación Barrié da Coruña que permanecerá até o 16 de maio. Confeso que admiro e envexo os artistas que loitan por unha idea sen pensar en modas o na avaliación dos críticos. Seguir lendo Joan Miró na Coruña
Unha morte magnífica
X. Ricardo Losada. O escritor Sandor Márai suicidouse dun disparo aos 89 anos. Os amigos espallaron as cinzas no mar, tal e como el pedira. Nunha das últimas notas dos seus diarios fala da morte da muller, desencadeante da súa tráxica decisión: «Hai oito meses que morreu. Hoxe é a primeira vez que son consciente de que nunca máis estará comigo. Ata agora dábame a impresión de que saíra un momento do cuarto, ou a dar unha volta pola cidade». Sempre crin que os seres humanos, xa que debemos escoller como vivir, tamén deberiamos escoller como morrer. Finlandia ten un dos índices de suicidios máis altos do mundo («o noso deporte nacional», chámanlle), e non creo casual que sexa un dos países con mellores resultados educativos. Seguir lendo Unha morte magnífica
Herba mollada
Marina Losada Vicente. Esperaba diante do mostrador de rexistro, coa confianza de quen coñece o camiño, cun sinxelo vestido co que a nova primavera envolvía a súa pel morena. Acércaselle un compañeiro de seu pai, que lle sorrí mirando máis, moito máis, ao corpo que aos ollos. Sen apenas un saúdo, estámpalle un bico no papo do brazo, na zona do seu corpo que nese intre tiña máis á man, máis á boca. Helena quedou muda, cun desacougo que non foi quen de exteriorizar. Tal foi o noxo, e tan desagradable a invasión, que lle negou o saúdo desde aquel día, procurando cambiar de dirección de enfilalo. Seguir lendo Herba mollada