Román Arén. Nova entrega poética de Martín Veiga, que pode sorprender por ir contracorrente da poesía galega de hoxe, máis hermética e inefable. O poemario amosa a dualidade de toda existencia, a perda e a ganancia, na que o eu lírico fai balance, mira atrás, e nunha mensaxe clarificadora amosa a súa crenza na vida, pois a poesía crea a marabilla ilusoria de que o que perdemos volta: «Atrás ficaron os fastos da desolación».
Unha ficción entre as raíces anglosaxonas e galegas, en referencias e paisaxes, achega o risco característico do poeta. Porque a meditación, grave, chega ao cumio na esperanza, no gozo pola vida, na ledicia pola nova filla, «contra a perda, para erixir os alicerces / cálidos do riso e edificar a cordial / transmisión dos latexos da ganancia / neste ámbito ameno onde escintilea o amor».
«A ganancia e a perda»
Martín Veiga
Kalandraka (Tambo, 2020)
97 páxinas