Todolos artigos de: cafebarbantia

Escuro garaxe de desexo

Escáner_20210220 (2)Ramiro Ouviña O. O rumor espallouse coma un disque e nunca coma unha certeza. Ninguén coñecía ningunha muller que sufrira tal situación, pero todos sabían de alguén que escoitara que lle sucedera a unha coñecida. Era sempre a mesma historia: mulleres que nos días despois do cambio ao horario de inverno, cando as noites comezan ás seis da tarde, mantiñan a camiñada como o exercicio cotián, xuraban que un home, de aspecto estraño e ameazante aparecía, achegábase e desaparecía. Co paso dos días o terror vestiuse coas 256 intensidades do gris. Dependía da hora do día e se a tinguidura se daba na palestra dos bares Seguir lendo Escuro garaxe de desexo →

Tempos de turbulencias e aerosois

565376607_799Marina Losada Vicente. —Ana, ti vas para enxeñeira! —dixéralle súa nai despois de oírlle que as cubetas dos inodoros estaban mal deseñadas, que tiñan que facerse de forma que as cagadas caesen directamente na auga e non nas paredes, ou que estas deberan ser  totalmente esvaradías, de forma que non quedasen resto pegados a elas. Os fabricantes non deberían priorizar deseño ou comodidade diante de utilidade -espetáralle-, farta das reprimendas maternas. Agora, grazas á COVID, o argumento é outro. -As turbulencias que se forman no interior cando se activa o mecanismo de descarga de auga dos inodoros, obrigan a pechar a tapa do wc, a fin de que non se propaguen bacterias e virus agochados Seguir lendo Tempos de turbulencias e aerosois →

La forastera, de Olga Merino

9788420438450Xerardo AgraFoxo. Non sei se esta é a mellor novela que lin ultimamente, pero sei que se trata dunha obra cativadora. Así, segundo o consello da autora de O caderno de Rosalía, cando nos reunimos aquela mañá no Plaza ao redor dun café (Mellor, reseñar os libros que nos gustan), comento este magnífico relato de Olga Merino (Barcelona, 1965): Angie, despois de deixar atrás Barcelona, a onde emigraran seus pais andaluces, e Londres, onde deixa un amor cun pintor inglés, decide retirarse a un vello caserón familiar, situado nunha aldea do sur máis profundo, coa soa compañía de Capitana e Pluto, na procura do acougo que precisa. Así de sinxelo semella La forastera (2020) pero, mentres lemos o primeiro parágrafo (No les tengo miedo. Saben que escondo una escopeta. Seguir lendo La forastera, de Olga Merino →