Román Arén. Lonxe queda xa o ano 1987, cando Ana Romaní publicou Palabra de mar, o seu primeiro poemario, de temática amorosa e cheo de símbolos, que logo iría depurando. Entre Das últimas mareas (1994) e Arden (1988) a súa poética faise máis sutil, máis aforística, co mar sempre presente, cun gran peso do feminismo e xa do metaliterario. O paso do tempo, a simboloxía marítima, a poesía como coñecemento. E despois, de Love me tender (2005) a Estremas (2010) foi, a súa poesía facéndose máis densa, foi creando un territorio máis complexo, con forte carga da ironía e irreverencia, que chega agora ao seu cumio en A desvértebra (2020), no que «aquí todo é memoria que esquece / po de algo que nun tempo amamos». Seguir lendo A desvértebra
Todolos artigos de: cafebarbantia
Abondosa
Marina Losada Vicente. Non tería chamado a miña atención se non fose pola palabra utilizada: Abondosa. Detrás dela, apreciábase unha sensibilidade pouco habitual, non por parte da narradora, que vivira o episodio en primeira persoa, senón por parte do co-protagonista.
-Paseando polo peirao -cóntame Celia-, tropezo e caio de forma tan aparatosa que non me podo mover. Sinto unha dor aguda no nocello dereito e non son quen de liberar a perna do peso do meu corpo. Seguir lendo Abondosa
Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer
Xerardo AgraFoxo. O autor desta obra propón unha viaxe por cinco lugares. Cinco sitios onde a historia deixou cicatrices indelébeis. Da súa man percorremos Gernika, Chernóbil, Transilvania, Lourdes e Auschwitz. Cinco lugares estigmatizados por circunstancias históricas e culturais diferentes. Que foi de Gernika despois do masacre da aviación nazi? Como puido suceder a catástrofe de Chernóbil? Como xurdiu a feira de Lourdes? Que pegadas deixou en Transilvania o mito de Drácula e que facemos os turistas tirando fotos nos crematorios de Auschwitz-Birkenau? Como di nas súas reflexións Álvaro Colomer (Barcelona, 1973), logo de percorrer estes lugares, antes de que os nazis bombardearan Gernika, antes de que saltara polos aires o reactor nuclear de Chernóbil Seguir lendo Guardianes de la memoria, de Álvaro Colomer
“My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal
Gonzalo Trasbach. No “Fear Of Music” (1979), o terceiro LP dos Talking Heads, hai unha canción I Zimbra, onde as guitarras estridentes e unha percusión omnipresente, case delirante, constituía unha mestura explosiva na que xa se podía adiviñar a posibilidade de compoñer este marabilloso “My Life In The Bush Ghosts”, un álbum que é froito da colaboración entre David Byrne, cantante e compositor de Talking Heads, e de Brian Eno, que tras o seu paso polos Roxy Music de Brian Ferry, empezou a exercer Seguir lendo “My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal