Abondosa

gran-mujer-gorda-comer-sentado-completo-suelo-perdida-peso-concepto-salud-dibujos-animados_134553-181Marina Losada Vicente. Non tería chamado a miña atención se non fose pola palabra utilizada: Abondosa. Detrás dela, apreciábase unha sensibilidade pouco habitual, non por parte da narradora, que vivira o episodio en primeira persoa, senón por parte do co-protagonista.

-Paseando polo peirao -cóntame Celia-, tropezo e caio de forma tan aparatosa que non me podo mover. Sinto unha dor aguda no nocello dereito e non son quen de liberar a perna do peso do meu corpo. Un señor maior, miúdo e lixeiro como unha pluma, acércase para axudarme. O vello, facendo un cálculo cabal das súas forzas, decide non intentar erguerme, un paxariño el, non vaia facelo peor. Chama por teléfono a policía, pedíndolle ao axente que non veña só, que a accidentada é muller abondosa. Moito, recalca, no ton preocupado de quen avisa de que algo é delicado.

-Ao cabo, aparecen dúas parellas de policías. Catro homes, O ancián, derrotado polo peso dos anos, descúlpase por non ser quen de asistirme sen axuda: -Fóronseme as forzas todas… se me vise mozo, e coa regalía dunha muller abondosa, eu só te valería!

4 comentarios en “Abondosa

  1. Xa se me adiantou Magdalena con Botero…

    O caso é que hai anos andaba eu polo “Paseo de la Castellana” admirando as esculturas de Botero e unha señora entrada en quilos e dicindo as cousas sen reviravoltas, exclamou ao meu lado: “Xa ía sendo hora de que ás gordas nos chegáse a nosa oportunidade!

    Era de esperar que o homiño moi finamente empregase un eufemismo.

    Bonitos sonos.

    1. A mín tamén me chamou a atención a forma de contalo da protagonista feminina, cunha naturalidade pouco común. Por iso decidín ser fiel ao relato, sen incluír o que o meu maxín foi debuxando a medida que a escoitaba. De feito, penso que o home non quixo axudala por temor a que parecese que se “aproveitaba” dunha muller indefensa que para el tiña gran potencial erótico. A beleza está moito nos ollos de quen mira. Bicos, Magdalena.

  2. Tiven que preguntarlle ao diccionario se era correcto dicir abondosa. A verdade é que me despertou cariño polo home, que se mantivo na distancia por medo a fallarlle a unha muller fermosa. Bicos Magdalena

  3. Bos días, querida Marina:

    Bonito término o empregado polo miudo ancián. Agrada saber que a moitos a estética feminina axustada aos sonos de Rubens é fermosa. Polo que se ve na foto e polo teu comentario, incluso se axustaba máis aos de Botero. Un home sen forzas pero “abondoso” en sensibilidade. Así me gusta.

    Moitos biquiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>