Todolos artigos de: cafebarbantia

Aproximacións a Manoel Antonio (e V)

imagesX. Ricardo Losada. No seu libro Aproximacións a Manoel Antonio, Axeitos critica unha das principais teses da miña biografía do poeta rianxeiro, afirmando que non intuía no mundo unha dimensión escura e enigmática. A verdade, non me sorprendeu lelo neste libro, pois fora unha das maiores decepcións que me deparara a biografía de Axeitos. Negar esa realidade e convertelo nun ser humano e nun poeta só preocupado por cuestións sociais e políticas. “Ocorre”, di Axeitos, “que o social e a presenza do pobo na obra de Manuel Antonio é unha poética, non unha estética”(sic). Probas? Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (e V) →

Non hai dúas sen tres

Ilustración: Lucia Puebla Blanco
Ilustración: Lucia Puebla Blanco

María Xesús Blanco. Era a terceira vez que empezaba un curso de natación. Non era quen de manterme a flote nin un par de segundos. Dende nena, ti ben o sabes, sinto pavor ao mergullarme na auga dende aquela caída. A primeira vez anotoume papá. Aínda estaba no instituto. Claro que daquela atopaba cousas máis interesantes que facer e andaba por aí de festa en vez de ir á piscina. Lémbraste? Así e todo, no verán sentía moita envexa ao verte a ti, e aos primos, nadando e facendo pinchacarneiros no salto do río. Seguir lendo Non hai dúas sen tres →

Pazos

20200219_101230Xosé Manuel Lobato. O fuxidío Edén, ese lugar sublime que todos procuramos con anhelo na nosa constante romaría da vida. Porén, o idílico enclave está tan afastado que en moi raras ocasións o ser humano consegue atopalo ou identificalo. Malia todo, o certo, é que ese Edén semella errante no seu tránsito, deixando un misterioso arrecendo no ar da súa especial e inalcanzable esencia. Seguir lendo Pazos →