Conversas de escaparate. Que acendan as lámpadas

fidel 1Fidel Vidal. -Sería bo que acendesen as lámpadas. A noite vense enriba.

-Pareces un neno con medo á escuridade.

-Non vexo un espello por ningures. Non hai maneira de se peitear con certo estilo.

-De onde vas sacar pelo que peitear?

-Mesmo habendo espello, como ías facer coas luces apagadas?

-Cuestión de adestramento, de rutina diaria.

-O toucado de onte non se che desfixo na almofada.

-Pasaches a noite a pé?

-Sabedes a maneira de botar unha cabezada en decúbito supino?

-Preferiría unha cabezada en decúbito prono.

-Eu sen luz asfixio. Non preciso de aire senón de claridade.

-A noite pasada houbo aquí un balbordo que debía pertencer a un pesadelo do señor.

-Quen non sabe non se compromete.

-Non teño nada que ocultar.

-Falou a momia. E xa que abriu a boca, voulle preguntar: para que queres durmir?

-Para desaparecer e vivir nos soños.

-Descoñeciamos que compartíamos espazo cun filósofo. A nós nunca se nos pecharon as pálpebras.

fidel 2-Tédelo prohibido ou sodes ben guiados?

-Fainos o favor de estar caladiño.

-Digo canto me pete e até son quen de pórme a berrar.

-Mírame aos ollos e dígame, señor: por que demos viñeches refuxiarte cabo nosa? Cometiches algún crime?

-Non, pero estou a punto de o facer.

-Decatácheste no ton con que dixo o de “a punto de o facer”? E na mirada?

-Por que non nos conta o soño? Veña, non se faga de rogar. Cóntenos o pesadelo.

-Faríao de boa gana, pero sen luz non é posíbel.

-Aleluia! Por fin acenderon as lámpadas.

4 comentarios en “Conversas de escaparate. Que acendan as lámpadas

  1. Querido Fidel:

    Pois eu nin unha cousa nin outra: de lado. E claridade, a que entra por unha rendixa.

    Que é unha “cardencha”? Non atopo esa verba no dicionario. E eu que pretendía facerme traductora de galego!… Aviada vou.

    A que aforra en peiteado son eu que non piso a perruquería (nin que fosemos cans as mulleres) desde que comenzou a pandemia. Estou planeando volver aínda que só sexa por dar ganacia ao gremio.

    Espero con ansiedade a próxima entrega para saber se a merda de galiña funcionou.

    Bonitiños sonos.

    1. Cardencha -cardo, cardar-, prezada Carmen, se non atopaches a palabra no dicionaro galego é porque pertence ao español. Busca mesmo no María Moliner e verás que se trata dunha planta que remata en bolas con pinchos, que nós chamaríamos cardo bravo. De cativo diciamos que era a comida das cobras. A miña preferencia respecto du durmir coa luz prendida ou sen ela, prefiro a escuridade máis propia dunha cova.
      Viva a auga da traída! Viva o alcantarillado! Viva a luz eléctrica! Pero a outros prezos.
      Forte aperta e saúde.

  2. Bos días, querido Fidel:

    Non teñen pelo pero son xeitosos os mociños. Que non se lle ocurra facer o que fixo Eloy, un chaval da Pobra, que comprou un mexunxe do cal lle dixeron que resultaba tan infalible que co terceiro frasco xa lle regalaban un peine. O pobre co noveno, deuse por vencido e regaloulle a cardencha á moza.

    Claro que é posíbel contar un sono sen luz ! se non que llo pregunten as avoas como pasaban a súa noite de vodas naquela habitación sumida na púdica escuridade e, falar, falaban.

    YO LE AVISO SI VA ELOY. O pEcUArIO da Pobra.

    Moitos castos biquiños

    1. Vivan as cardenchas, xantar de cobras, e o pan de raposo, e os que aforran en peiteados. Do mesmo xeito que o mozo da Pobra en Ribeira un mestre barbeiro -por aquilo da experiencia en pelames- cansado de que un adolescente lle pedira consello para que lle naceran pelos no peito -e conseguir dunha vez ser un home de “pelo en peito”-, o mestre receitoulle, a modo de pomada, expandise pola zona en cuestión merda de galiña, unha vez ao día durante un par de semanas. O resultado non vai nesta entrega. Os nosos bonecos non teñen un pelo de tontos. Nin de listos. Saúde.
      A TREPA NON APERTA, nEUtrÓfIlA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>