Todolos artigos de: cafebarbantia

Aproximacións a Manoel Antonio (II)

manuel-antonio-perez-sanchezX. Ricardo Losada. Como prometín, sigo compartindo con vós as miñas reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (editorial Axóuxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaración. Aínda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasións, no sentido de que me daba a impresión de que criticaba algúns aspectos da miña biografía sobre o poeta rianxeiro. Por moitas razóns, pero, basicamente, por unha. Teño lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas críticas só encaixan co meu libro. Seguir lendo Aproximacións a Manoel Antonio (II) →

Desencajada, de Margaryta Yakovenko

9788417417222Xerardo AgraFoxo. Esta é unha historia real. É a historia de Daria K. Petrova, é dicir, a historia da propia autora que dun xeito espléndido relata en primeira persoa a vida dunha moza ucraína a partir da súa experiencia como filla de emigrantes nun lugar perdido do levante español. Malia que o pai é enxeñeiro mecánico e a nai enfermeira titulada, deben soportar confusións, roubos e os  traballos máis noxentos para subsistiren nun clima de desprezo e xenofobia. Nestas apertadas 120 páxinas de Desencajada (M. Yakovenko, Ucraína, 1992), cheas de sabedoría emocional e ateigadas de tristeza, nostalxia e humor, retrátase con pequenos trazos  a realidade de Ucraína: un país enfermo pola corrupción, a subida dos prezos, os salarios inexistentes e unha  identidade confusa Seguir lendo Desencajada, de Margaryta Yakovenko →

Conversas de escaparate. O mellor modelo

fidel 1Fidel Vidal. -Aínda non me vexo coa valentía de confirmar ou negar esa relación.

-Pero se acabas de o coñecer.

-A primeira vez que nos vimos resultou excitante. A forma de falar, o ton de voz, si, a súa fala resultoume sedutora.

-Estás ben segura de que falaba contigo?

-Sei que me adulaba pero non lembro con que discurso, só a dozura do seu dicir. Seguir lendo Conversas de escaparate. O mellor modelo →