Desencajada, de Margaryta Yakovenko

9788417417222Xerardo AgraFoxo. Esta é unha historia real. É a historia de Daria K. Petrova, é dicir, a historia da propia autora que dun xeito espléndido relata en primeira persoa a vida dunha moza ucraína a partir da súa experiencia como filla de emigrantes nun lugar perdido do levante español. Malia que o pai é enxeñeiro mecánico e a nai enfermeira titulada, deben soportar confusións, roubos e os  traballos máis noxentos para subsistiren nun clima de desprezo e xenofobia. Nestas apertadas 120 páxinas de Desencajada (M. Yakovenko, Ucraína, 1992), cheas de sabedoría emocional e ateigadas de tristeza, nostalxia e humor, retrátase con pequenos trazos  a realidade de Ucraína: un país enfermo pola corrupción, a subida dos prezos, os salarios inexistentes e unha  identidade confusa (Mis padres nacieron en Zhanov cuando formaba parte de la Unión Soviética. Yo nazco en Maripol cuando forma parte de Ucrania. Todos somos de la misma ciudad, pero de tres países diferentes). O libro denuncia tamén a complicada vida no país de acollida, España, onde o menosprezo que sofren corre a carón dunha alarmante creba económica (Tras la crisis de 2008, mi generación pasó a tener una vida peor que la de sus padres a su edad. Non era mi caso. Los hijos de migrantes siempre viven mejor que sus padres).

Como se le nunha capa do libro, unha novela cativadora tanto pola súa fraxilidade coma pola súa contundencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *